|
|
O Camiño do Norte ou de Oviedo En tempos de Carlomagno de Aquisgrán, de Alfonso II o Casto de Asturias, sendo Teodomiro bispo de Iría Flavia, sobre o ano 813, no monte Libredón acontecen unha serie de prodixios e o ermitaño Pelagio de Solovio descobre a tumba do Apóstolo. Considerase o primeiro camiño o que realizaron os reis asturianos, abandeirados nas loitas da "Reconquista", gardadores de reliquias e tradicións da cristiandade. Tamén é coñecido como Ruta Cantábrica ou Camiño Alto e foi o usado nos primeiros tempos da peregrinación, empezando polos propios monarcas da corte asturiana. O avanzar a reconquista cara o sur e organizar Cluny o que denominamos Camiño francés, o accidentado do terreo e os recovecos da costa, fixérono desancosellable. Na actualidade está volvendo a ser considerado. Inicia a súa andadura polo país vasco, e a través de pobos costeiros e mariñeiros de Cantabria e Asturias fai a súa entrada en Galicia, onde se pode escoller por coñecer a amurallada cidade do Sacramento vía Meira ou seguir pola costa de A Mariña ou Ribadeo. GALICIA. A variante ata a cidade de Lugo, non por menos transitada deixa de ofrecer interesantes paisaxes na Terra de Miranda, cos angostos vales encallados que desembocan no curso medio do Eo, e na extensa Terra Chá, gran altiplano no que pace unha numerosa cabana gandeira. Teremos tamén ocasión de coñecer as fontes do Miño, o mosteiro cisterciense de Sta. María de Meira, o completo castro de Viladonga, cun museo adxunto e a característica arquitectura tradicional na que se combinan o granito, a madeira e os tellados de pizarra. Lugo, a romana Lucvs Augustí que fora capital dun dos conventos en que se dividira Galicia conserva de aquela época numerosos vestixios, entre os que destaca a muralla. Os seus maos de dous Km de perímetro sorprenderán o pelengin que logo debe dirixir os seus pasos á Catedral gótica, súa fachada neoclásica recordaralle a de Pamplona. A zona vella coas súas prazas e rúas, ten un ambiente moi agradable para tomar algún viño e unhas tapas. A cidade é coñecida pola súa boa cociña baseada nos pratos tradicionais galegos
A segunda opción, a través do val del Masma, permite tamén
contemplar bos panoramas Xa na Terra Chá, de verdes praderías, montes e ríos de augas colmas, cruzamos Villalba coa súa torre octogonal dos Andrade e Lugo Baamonde, cunha parroquia de Santiago románico-gótica ten o lado un vello castiñeiro tallado a modo de capela mariana. So nos resta disfrutar do xigantesco mosteiro cisterciense de Sobrado dos Monxes e da coqueta igrexa románica con tres naves de Santa María de Mezonzo, ata enlazar en Arzúa co Camiño Francés. Imaxe do camiño Norte de Santiago...
|