|
|
Un pouco de historia A historia de Boimorto está absorbida polo próximo mosteiro de Sobrado dos Monxes. Dalgunhas das súas parroquias temos noticias en documentos moi antigos como é o caso de Dormeá, que co nome de Dormiana figura nunha adxudicación a sede iriense no concilio de Lugo do ano 569. Logo pasou a ser posesión do cabildo compostelán por doación da reina dona Urraca. Pero o poderoso mosteiro de Sobrado, un dos que exerceu máis influencia nas terras galegas, dirixiu a vida e a historia da comarca.
|