|
|
|
Nós Esta páxina é a punta do iceberg dunhas accións encamiñadas a difusión en Internet dun dos concellos máis enxebres da provincia da Coruña. Boimorto@NET esta formado por un grupo de persoas que non creen que todo tempo pasado foi mellor, que aínda cren en Boimorto e esperan que nunca se esqueza a súa historia. Boimorto@NET nunca recibiu fondos públicos nin do Concello de Boimorto nin da Deputación de A Coruña nin da Xunta de Galicia. Tampouco ningún partido político nin fundación allea a Boimorto@NET nunca contribuíu en ningunha das fases deste proxecto. Posiblemente sexa porque somos un pequeno proxecto, que usa unha canle con poucos anos de vida que é totalmente descoñecido xa non so polas asociacións culturais, colexios... senón que case que pola totalidade do concello. Calquera pode axudar. Boimorto@NET non está betado a ningunha persoa ou asociación. Calquera que teña información está convidado a entrar. Se tes fotos dos seus ríos, das súas fontes, dos seus pazos, das súas xentes, das súas troulas. Se tes documentación, contos, noticias ou calquera outra cousa, e queres que poida chegar non so os que viven no concello senón os que viven moi lonxe, aquí podes. Actualmente Boimorto@NET manexa os seguintes servicios:
|