|
|
Xente e Boimorto. Suso de Marcos
Suso de Marcos naceu en Boimorto (A Coruña) no año 1950. O seu nome para a sociedade é Jesús López García, pero o peso do comportamento popular condicionou que desde a súa infancia se lle engadira o familiar "Suso" a continuación "de Marcos", tal como era (e é) coñecida a familia do artista desde tempos atrás. A súa infancia transcorre no medio rural e de forma humilde. Pronto apunta o seu gusto polo traballo do tallado: o seu pai realizaba apeiros de labranza con madeira e o seu fillo, en varias ocasiones, mostrou curiosidade por esa actividade. Pronto se traslada a veciña cidade da Coruña, en onde simultánea o traballo en talleres de artesanía coa súa formación técnico-artística na Escola de Artes e Oficios de esta cidade. Máis tarde trasladarase a Madrid (1973) e alí, ó tempo que completa a súa formación na Escola Central, traballa xa con escultores como Pau Paissa, Ortega Bru ou Juan de A valos. Determinantes na súa formación artística, preséntansenos nesta época as visitas ó Museo do Prado e os viaxes ultrapirenaicos a Italia, Iugoslavia, Grecia, Inglaterra e Francia, en busca do coñecemento das novidades artísticas de vangarda. En 1975 inicia a súa actividade expositiva e xa en 1976 recibe a terceira medalla en escultura no Certame Nacional de Belas Artes, celebrado en Madrid. Segue viaxando ó estranxeiro e a difusión da súa obra é cada vez maior: Madrid, París, A Coruña, Ourense, Segovia, Cuenca, Guadalaxara... acollen con éxito a súa producción. En 1979 chega a Málaga para ocupar a praza de Axudante de Talla (disciplina que busca a formación artesanal do alumno) da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. A súas aspiracións artísticas e as súas inquietudes creativas faranlle proxectar a creación da disciplina de Talla en Madeira, que superará o límite artesanal e asentarase sobre a finalidade artística. Por méritos propios, obtén en 1982 por oposición a praza de profesor na especialidade de Talla Artística en Madeira na Escola de Málaga. Desde o ano da chegada hasta hoxe, Málaga presenciou o seu crecemento nos dous camiños polos que ven discurrindo a súa relación coa escultura. Por un lado, na súa dedicación a ensinanza, como transmisor de inquietudes artísticas. Por outro, na súa producción escultórica persoal, a súa vez repartida entre a libre creación e as obras de temática relixiosa que responden a unha demanda pública (non esquezamos o compoñente relixioso da cultura andaluza). A súas inquietudes culturais (exposicións e obras súas vincúlano á literatura, á historia, á pintura...), a súa progresión no uso de materiais (primeiro, madeira; logo ferro e madeira; máis tarde, cristal, auga, ferro, poliéster, metacrilato, luz artificial...), a súas frecuentes exposicións e os nomeamentos de carácter académico (ingreso en 1986 na Real Academia de Belas Artes de San Telmo é en 1991 na Real Academia Galega de Belas Artes da Coruña), mostran o seu afán de, progreso e perfeccionamento artístico, así como a súa incuestionable valía como escultor. Este recorrido pola vida e pola obra de Suso de Marcos quedaría incompleto se non se dedicasen estas últimas verbas a remarcar o seu altruísmo e empeño en favorecer a aqueles interesados pola cultura: en 1987 crea o Premio de Talla Suso de Marcos, que cada año vense facendo realidade; en xuño de 2001 entréganse, no CPI Armando Cotarelo de Boimorto, as primeiras Axudas ós Estudios Suso de Marcos, que van encamiñadas a contribuír economicamente á formación académica de aqueles alumnos con maiores inquietudes culturais. No ano 2003 recibe o nomeamento de Académico Correspondinte da Real Academia de Belas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla.
|