boimorto.org | mapa | que ver | xente | datos | o queixo




 

 

 

Nós

Esta páxina é a punta do iceberg dunhas accións encamiñadas a difusión en Internet dun dos concellos máis enxebres da provincia da Coruña.

Boimorto@NET esta formado por un grupo de persoas que non creen que todo tempo pasado foi mellor, que aínda cren en Boimorto e esperan que nunca se esqueza a súa historia.

Boimorto@NET nunca recibiu fondos públicos nin do Concello de Boimorto nin da Deputación de A Coruña nin da Xunta de Galicia. Tampouco ningún partido político nin fundación allea a Boimorto@NET nunca contribuíu en ningunha das fases deste proxecto.

Posiblemente sexa porque somos un pequeno proxecto, que usa unha canle con poucos anos de vida que é totalmente descoñecido xa non so polas asociacións culturais, colexios... senón que case que pola totalidade do concello.

Calquera pode axudar. Boimorto@NET non está betado a ningunha persoa ou asociación. Calquera que teña información está convidado a entrar. Se tes fotos dos seus ríos, das súas fontes, dos seus pazos, das súas xentes, das súas troulas. Se tes documentación, contos, noticias ou calquera outra cousa, e queres que poida chegar non so os que viven no concello senón os que viven moi lonxe, aquí podes.

Actualmente Boimorto@NET manexa os seguintes servicios:

Boimorto.com   A páxina web da empresa que se encargou do deseño de Boimorto@NET, da que só compartimos o nome e un fin común con Boimorto.
Boimorto.org O lugar de internet onde se pode ler ou escribir sobre Boimorto en Internet
Boimorto.net Por primeira vez, calquera que o desexe poderá obter unha dirección de correo @boimorto.com

Atrás Top

 


© Boimorto@NET | nos | termos e condicións de uso | privacidade e copyright | colaborar | contactar